S9. Dosita Loureiro Martínez
A nosa SUPLENTE NÚMERO 9 é DOSITA LOUREIRO MARTÍNEZ
Dosita (1951) naceu e vive en Laraxe, aínda que pasou 35 anos emigrada en Reus, onde traballou de costureira. Agora está xubilada.
Durante o tempo que pasou en Catalunya sufriu un cancro, que a obrigou a pasar varios anos de rehabilitación, e froito do cal comezou a participar na Liga contra o Cancro en Reus.
Dosita volveu a Laraxe no 2010, e desde aquela participou varias veces nas candidaturas do BNG ás eleccións municipais.
#CabanasMereceMáis