S8. Gabriel Bouza Arnoso

S8. Gabriel Bouza Arnoso
S8. Gabriel Bouza Arnoso
S8. Gabriel Bouza Arnoso

O noso SUPLENTE NÚMERO 8 é GABRIEL BOUZA ARNOSO

Gabriel naceu en Regoela vai facer 100 anos este próximo agosto. Leva 70 anos sendo veciño de Laraxe, nas Pedreiras, durante o que desempeñou varios traballos: labrego e gandeiro, carpinteiro, perruqueiro, calafate...

Leva tomando parte e sendo activista político desde a súa adolescencia, participando na loita obreira contra o franquismo, e mantén a memoria dos peores acontecementos da ditadura, así como da política, a sociedade e a cultura da nosa contorna.

Gabriel participou por primeira vez na candidatura do BNG de Cabanas no 2019, e estamos moi felices de que poida repetir tamén nesta, no 2023.

#CabanasMereceMáis
 

S8. Gabriel Bouza Arnoso