O CENTRO DE LARAXE ACUMULA O MAIOR NÚMERO DE CASOS POSITIVOS COVID-19 DE TODA A COMARCA

O BNG reúnese co comité de empresa da residencia DomusVi Laraxe

conversa
Reunión BNG Cabanas - Comité DomusVi Laraxe
O BNG reúnese co comité de empresa da residencia DomusVi Laraxe

O grupo municipal do BNG de Cabanas, formado por Iago Varela e Paula González, reuniuse esta mañá de forma telemática co comité de empresa da residencia DomusVi de Laraxe, logo da denuncia feita pública no día de onte polo comité de empresa sobre as condicións nas que o persoal ten que desenvolver o seu traballo.

As traballadoras puxeron en coñecemento do BNG as deficiencias en materia de persoal, coa falta de reforzo de cadros ou a escaseza de EPIs para poder desenvolver o seu traballo con seguridade, situación agravada durante estas semanas nas que un importante gromo afecta ao centro residencial situado no concello de Cabanas.

“Desde o BNG trasladamos o noso apoio ás traballadoras do centro, profesionais que están a amosar o seu compromiso polo coidado dos maiores ingresados no centro pese ás duras condicións nas que teñen que desenvolver o seu traballo”, sinalou o portavoz municipal e tenente alcalde de Cabanas, Iago Varela, quen tamén desexou “unha pronta recuperación” ás traballadoras contaxiadas no gromo do centro.

O BNG comprometeuse tamén a trasladar as demandas do colectivo ao Parlamento Galego para “depurar todas as responsabilidades” de DomusVi na xestión da pandemia nos seus centros de toda Galiza.
 

O BNG reúnese co comité de empresa da residencia DomusVi Laraxe