05. Xosé Manuel Golpe Acuña

Xosé Manuel Golpe Acuña
05. Xosé Manuel Golpe Acuña
05. Xosé Manuel Golpe Acuña

O noso NÚMERO 5 é XOSÉ MANUEL GOLPE ACUÑA

Golpe naceu en Irixoa en 1972, pero leva case vinte e cinco anos vivindo en Laraxe. Traballa de consultor enerxético na Axencia Enerxética da Deputación Provincial, nas Pontes.

Participou  de moitas iniciativas, tanto no eido local (presidente do ANPA O Souto do CEIP Eladia Mariño, directivo da SD Barallobre) coma no seu sector (Directivo  en Nosa Enerxía S. Coop). Leva a cabo moito traballo voluntario, explicando o funcionamento do mercado enerxético por todo o país. Tamén participa da equipa nacional de Enerxía do BNG, contribuíndo a desenvolver propostas como a implantación da tarifa eléctrica galega. No eido da enerxía social vén traballando na implantación de comunidades enerxéticas, das que é pioneiro no noso país, desenvolvendo traballos tan relevantes coma os da Illa de Arousa, Tameiga, ou Ponte Caldelas.

Golpe leva moitos anos vencellado ao BNG de Cabanas. Foi concelleiro entre 2007 e 2011, e responsábel local do BNG até este mandato. Participa por quinta vez na candidatura do BNG ás municipais en Cabanas.

“Esta nova participación nos comicios locais, dentro da candidatura do BNG, non é unha máis. Logo do traballo desenrolado por Iago e Paula nestes catro anos,  estou convencido de que acadaremos a representación suficiente para levar o modelo BNG a tódalas áreas de goberno e construír un dos #ConcellosBNG.
Non fai falla contar o potencial que o noso concello ten para ofrecer, tanto aos que nel residimos, coma os que nos visitan. Poñer en valor os nosos recursos xunto con ter uns servizos axeitados é a clave para lograr un concello de futuro e sustentable. O modelo de #ConcellosBNG é o espello no que temos que mirarnos, iso si, debuxando un sorriso.”

#CabanasMereceMáis

05. Xosé Manuel Golpe Acuña