04. Laura Ponce Leira

04. Laura Ponce Leira
04. Laura Ponce Leira
04. Laura Ponce Leira

A nosa NÚMERO 4 é LAURA PONCE LEIRA.

Laura ten 24 anos e é veciña dos Piñeiros, na parroquia de Salto.

É graduada en maxisterio en Educación Primaria e Educación Física, e ten un Mestrado en Tecnoloxías da Información e a Comunicación en educación. Na actualidade, prepara as oposicións ao ensino primario e traballa como mestra de clases particulares e monitora de tempo libre.

No seu tempo libre gústalle seguir formándose en temáticas como a innovación educativa, as crianzas con necesidades de apoio educativo ou a creación de materiais manipulativos. Tamén é unha grande aficionada ao deporte, sendo na actualidade oficial dun clube de balonmán e tendo tamén padexado durante moitos anos no Cabanas KDM. 

"Súmome á candidatura do BNG para amosar que a xente nova do rural de Cabanas está ilusionada co proxecto do BNG. Queremos contribuír ao traballo que estamos a facer desde o goberno municipal para crear un concello no que ter todos os servizos, porque queremos seguir facendo a nosa vida onde nacimos, medramos e vivimos, en Cabanas, e non queremos vernos obrigadas a ter que marcharnos a outros concellos."

#CabanasMereceMáis

04. Laura Ponce Leira