03. Uxío Romero Rodeiro

03. Uxío Romero Rodeiro
03. Uxío Romero Rodeiro
03. Uxío Romero Rodeiro

O noso NÚMERO 3 é UXÍO ROMERO RODEIRO.

Uxío naceu en Ferrol en 1983, e leva sendo veciño de Laraxe desde hai case vinte anos. 

Estudou enxeñaría industrial na UdC, pero leva ligado ao mundo do deporte toda a súa vida, desempeñando diferentes funcións en diversas entidades, e na actualidade traballa nunha entidade deportiva desempeñando labores de loxística.

Uxío está ligado desde sempre ao nacionalismo e leva colaborando co BNG de Cabanas desde a súa chegada ao concello. Formou parte da anterior candidatura no ano 2019, e neste 2023 dá un paso adiante indo no número 3.

"Formo parte desda candidatura e desta equipa porque confío máis que nunca neste proxecto, porque vén demostrando a todos os niveis que se pode mellorar a vida de todos os veciños. Creo que o Concello de Cabanas ten todas as ferramentas pra ser un #ConcelloBNG. Ten leiras, montes, ríos, fragas e está aberto ó mar, e nós temos o proxecto pra poñelo a producir e coidalo como merece. Os nosos concelleiros do BNG están a demostrar que se pode presentar un proxecto e cumprir co que promete, e estamos nun momento clave pra converter Cabanas nun concello de futuro comezando desde o presente e sen deixar ninguén atrás."

#CabanasMereceMáis

03. Uxío Romero Rodeiro