02. Paula González Grueiro

02. Paula González Grueiro
02. Paula González Grueiro
02. Paula González Grueiro

A nosa NÚMERO 2 é PAULA GONZÁLEZ GRUEIRO.

Paula naceu en Ferrol en 1973, pero leva 18 anos vivindo en San Marcos, na parroquia de Regoela, coa súa familia. É licenciada en Psicopedagoxía, e está tamén cursando o Grao de Relacións Laborais na UOC. Traballa na CIG como técnica de Prevención de Riscos Laborais.

Paula leva anos vencellada ao BNG de Cabanas, participando en varias candidaturas ás municipais, e desde 2019 é concelleira, ocupándose das áreas de Persoal, Normalización Lingüística, Igualdade e LGTBI no goberno municipal.

"Neste mandato foi moi gratificante crear novas concellarías como Normalización Lingüística, Igualdade ou LGTBI, desde cero, conseguindo subvencións para dotalas de persoal e organizar actividades, xa que practicamente carecían de orzamento propio. E ao tempo foi moi frustrante ver como as nosas iniciativas eran atacadas unha e outra vez, pintando sobre bancos e murais. Cabanas é un concello aberto, no que todo o mundo pode ser feliz, e queremos seguir demostrándolle, particularmente a todos aqueles aos que lles molesta, que a maioría pensa coma nós"

#CabanasMereceMáis

02. Paula González Grueiro