01. Iago Varela Martínez
O noso NÚMERO 1 e CANDIDATO Á ALCALDÍA é IAGO VARELA MARTÍNEZ.
Iago Varela (1986) é de Chao de Aldea na parroquia de San Martiño, aínda que na actualidade vive na zona urbana de Cabanas.
Estudou enxeñaría de telecomunicacións en Vigo, onde formou parte do movemento estudantil, sendo responsábel dos CAF no campus de Vigo, e representante de estudantes no Consello de Goberno da Universidade e no Consello de Estudantes do Estado. En 2005 afiliouse ao BNG, a través de Galiza Nova, formando parte de varias candidaturas do BNG ao Concello de Cabanas e ao Parlamento Galego.
Desde 2015 é o voceiro do BNG no Concello de Cabanas, e desde 2019 é tenente de alcalde e concelleiro de Promoción Económica, Innovación Tecnolóxica, Urbanismo, Medio Ambiente e Participación Veciñal.
"Durante estes catro anos traballamos moito e transformamos completamente as áreas que levamos no goberno. Comezamos a dar os primeiros pasos para un concello aberto, democrático, libre de caciquismos, cun goberno que se move, que aproveita as oportunidades e as potencialidades deste concello. Agora, queremos ver os froitos de todo ese traballo e tamén estender o noso modelo ao resto das áreas do goberno, para seguir transformando Cabanas con valentía e contribuír a facer de Cabanas un sitio mellor para vivir."
No BNG de Cabanas pensamos que Cabanas merece o mellor, e o mellor alcalde que pode ter é Iago Varela.
#CabanasMereceMáis