Grupo Municipal

Iago Varela Martínez

Tenente de Alcalde do Concello de Cabanas

Portavoz Municipal do BNG en Cabanas

Cabanas, 1986. Cursou estudos de Enxeñaría de Telecomunicacións na Universidade de VIgo, e a súa experiencia laboral está vencellada - maioritariamente - ao mundo da comunicación sobre novas tecnoloxías e ao serctor da telefonía móbil. 

Desde xuño de 2019 é o 1º Tenente de Alcalde do Concello de Cabanas, así como o concelleiro delegado das áreas de Promoción Económica e Turismo (emprego, industria, transporte, polígono industrial, telecomunicacións, comercio, feiras e patrimonio), Urbanismo, Medio Ambiente, Participación Veciñal e Comunicación e Innovación Tecnolóxica.

A nível orgánico, actualmente é Vicerresponsábel Comarcal, membro da Executiva Comarcal e do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG).

 

 

Paula González Grueiro

3ª Tenente de Alcalde e concelleira

Ferrol, 1974. Paula naceu en Ferrol, mais leva media vida vivindo en Cabanas, onde se afincou coa súa familia. É licenciada en Psicopedagoxía, aínda que non exerce como tal, senón que traballa como Técnica de Prevención de Riscos Laborais na Confederación Intersindical Galega. Na actualidade está tamén cursando o Grao de Relacións Laborais.

Desde xuño de 2019, Paula é 3ª Tenente de Alcalde do Concello de Cabanas e concelleira delegada de Persoal, réxime interno e formación, Muller, igualdade e LGTBI+ e Normalización Lingüística.