S10. Xosé Carbón Anca
Pecha a candidatura, como o noso SUPLENTE NÚMERO 10, XOSÉ CARBÓN ANCA.
Carbón (1932) naceu no Barqueiro, traballou como carpinteiro e en Astano, involucrouse en diferentes movementos sociais desde novo e continúa sendo un firme loitador contra as inxustizas e un defensor da natureza.
Carbón é memoria viva do movemento de apoio ás persoas que se refuxiaron nas Fragas durante a guerra e a posguerra, chegando a ter encontros directos con algúns deles.
É o noso militante máis veterano e sentimos un grande orgullo da súa presencia nesta candidatura.
#CabanasMereceMáis