10. Montse Fraga Pérez
A nosa NÚMERO 10 é MONTSE FRAGA PÉREZ
Montse (1963) pasa a vida entre Narón, onde traballa como terapeuta, e Pedra do Couto.
Ten dous fillos e grazas a un deles descubriu o mundo da diversidade, no que se involucrou ao 100% loitando pola inclusión real. Foi presidenta de ASPANEMI durante máis de 20 anos, o que a levou a coñecer de primeira man que non todos os partidos son iguais e que no BNG o que importa por riba de todo son as persoas.
"Hai anos que coñezo a equipa do BNG de Cabanas e sei da súa valía. É un equipo que escoita e que recolle todas as propostas que se achegan, por iso me uno, para intentar facer un Cabanas para todas as persoas, inclusivo e con servizos."
#CabanasMereceMáis