11. Luis P. Castelo

11. Luís P. Castelo
11. Luís P. Castelo
11. Luis P. Castelo

O noso número 11 é LUÍS P. CASTELO.

Luís (1987) naceu en Culleredo, e despois de vivir en varios lugares estableceuse en Cabanas. É veciño da zona urbana, onde vive coa súa compañeira e a súa filla. 

É licenciado e doutor en Filoloxía Inglesa pola UdC, onde traballa como profesor e investigador e onde é tamén membro do Comité de Empresa pola CIG. Anteriormente estivo varios anos en Inglaterra traballando como investigador na Universidade de Birmingham.

Luís leva xa algúns anos colaborando no BNG de Cabanas, e desta volta intégrase tamén na candidatura.

"Creo que a candidatura do BNG é a única que ten un proxecto serio e ilusionante, con propostas realistas e definidas, para enfrontar os retos que lle veñen por diante a Cabanas. O traballo do BNG nas áreas que levou no goberno nestes catro anos déixao claro, e agora deberíamos estender o modelo a todas as outras áreas. Realmente non hai cor: o mellor para Cabanas e a súa veciñanza é un goberno do BNG coa maior forza posible."

#CabanasMereceMáis

11. Luis P. Castelo