09. Marcos Filgueiras Allegue

09. Marcos Filgueiras Allegue
09. Marcos Filgueiras Allegue
09. Marcos Filgueiras Allegue

O noso NÚMERO 9 é MARCOS FILGUEIRAS ALLEGUE.

Marcos naceu en Cabanas en 1997 e vive no Areal, na zona urbana do concello. É filólogo e cursou un mestrado en Estudos Literarios e Culturais. Actualmente traballa como profesor nunha academia de idiomas.

Tamén é un dos coorganizadores da Troula da Verba, un evento centrado na literatura, a música e a cultura en xeral que leva dous anos tendo lugar o domingo das festas de Santa Marta.

Esta é a súa primeira vez participando nunha candidatura.

"Aceptei a proposta de formar parte da lista do BNG porque penso que a política local é o xeito que temos os cidadáns de cambiar a nosa realidade inmediata, a do noso concello. O traballo de Iago e Paula nestes dous anos foi moi bo e acadáronse obxectivos, pero agora é momento de ir máis alá. 
Para que a veciñanza sexamos a prioridade, para garantir un xusto reparto de recursos entre a parte urbana e as zonas rurais, para seguir apoiando e fomentando a cultura galega, para que a xente de aquí teña voz e se vexa representada. Para, en definitiva, seguir facendo de Cabanas un bo sitio no que vivir, estou co BNG".

#CabanasMereceMáis.

09. Marcos Filgueiras Allegue