08. Micaela Rei Castro
A nosa NÚMERO 8 é MICAELA REI CASTRO.
Micaela naceu en Pontedeume en 1989, e leva seis anos vivindo en Cabanas, na zona urbana. É licenciada e doutora en Filoloxía Galega, cunha tese sobre Luís Seoane e os vínculos entre a literatura e as artes plásticas, e na actualidade é profesora no instituto de Mugardos, onde dá clases de Lingua Galega e Literatura e Lingua Portuguesa.
Está moi implicada na defensa da lingua galega e do seu patrimonio cultural en xeral, en especial da literatura e a arte galegas, asó como nas reivindicacións feministas.
"Como nacionalista, aposto polo proxecto que o BNG ten para Cabanas, para darlle voz de maneira real ás mulleres e á nosa lingua"
#CabanasMereceMáis