07. Davide Otero Laurenz, Piquelo
O noso NÚMERO 7 é DAVIDE OTERO LAURENZ, PIQUELO
Davide (1980) é de Ourense, e despois de vivir en varios lugares da comarca, estableceuse finalmente en Cabanas. Vive na zona da igrexa de Santo André, en Cabanas.
É artesán ebanista, e impulsor de diversas iniciativas, a máis recente das cales é "O Laboradoiro", un obradoiro no que se unen a artesanía, a música e as artes.
Davide participou por primeira vez dunha candidatura nas anteriores municipais, e repite nestas.
"Participo no BNG porque quero un futuro e unha Cabanas mellor para as miñas crianzas, e creo que o BNG é a ferramenta coa que conseguilo. O traballo do BNG nas concellarías que levaron Iago e Paula notouse moito e marcou un cambio profundo a mellor. Agora é o momento de levar este cambio a outras concellarías."
#CabanasMereceMáis