O BNG leva ao Parlamento Galego o estado do vial AC-653 que comunica Vilar do Colo coa estrada Cabanas – As Pontes
Ana Miranda visita Cabanas acompañada do candidato á alcaldía Iago Varela
A nosa eurodeputada Ana Miranda e o noso candidato á alcaldía, Iago Varela, visitaron varios puntos do concello afectados por políticas dependentes da Unión Europea, como son os refugallos de Vilar do Colo e os depósitos de Pedra do Couto , e mantiveron tamén un encontro coa veciñanza de Laraxe.
O BNG considera abusivas as tarifas do circuíto de motocross de Vilar do Colo
As tarifas foron aprobadas co voto do PP e AEC. Desde o BNG, tras recoller a opinión das usuarias, voltou rexeitar o convenio coa Consellaría
O BNG de Cabanas denuncia o uso político da tramitación do Punto Limpo de Vilar do Colo
Logo de varios meses de boicot ao Punto Limpo, o PP de Cabanas saca do caixón o regulamento de funcionamento do mesmo consumada a moción de censura en Fene
Reclamamos a retirada inmediata dos áridos de Manmer do polígono de Vilar do Colo
Após ter coñecemento da sentencia que condena Fermín Duarte por un delito contra o medioambiente, reclamamos a retirada inmediata dos áridos contaminantes, ao tempo que lamentamos a lenidade do auto e a falta de responsabilidades políticas por un atentado medioambiental.
Cae a ponte do Camiño Inglés en Cabanas ao paso dun veciño
Esta fin de semana caeu a ponte do Camiño Inglés en Vilar do Colo ao paso dun veciño, que sufriu mazaduras e contusións de diversa consideración. O BNG levaba máis dun ano alertando da situación precaria da ponte sen que desde o Concello de Cabanas tomasen medidas de prevención.
O BNG insta a Patrimonio a arranxar unha ponte a piques de colapsar no Camiño Inglés
O BNG dirixiuse á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural ante a inacción do Concello de Cabanas para solucionar este tema