Novas
Iago Varela, Xosé Manuel Golpe e Paula González

O BNG consegue o apoio unánime do pleno para reclamar a inclusión da Casa de Xan Ares e do Muíño de Maré no Catálogo do Litoral da Xunta

A formación nacionalista salienta a importancia de protexer o patrimonio cabanés e denuncia a falta de rigor do documento autonómico, “que pasa por alto bens singulares e de enorme valor histórico e cultural”

“Cabanas non pode quedar fóra dun catálogo que aspira a recoller o mellor do noso patrimonio costeiro”, destaca o BNG

Ler novas
Casa do Concello

O goberno de Cabanas esgota o orzamento e pretende usar o remanente para pagar salarios e luz pola súa incapacidade de xestión

O Concello de Cabanas chega a final de ano sen crédito para nóminas, substitucións e enerxía eléctrica nos edificios municipais

O BNG alerta dun “descontrol absoluto no gasto” e dun goberno “sen proxecto e que goberna a base de parches”

“Ter que suplementar salarios co remanente de tesourería é o síntoma máis claro do fracaso do alcalde” apuntan os nacionalistas

Ler novas
Piñeiral da Madalena

O BNG de Cabanas desmonta a gran mentira do alcalde: non existe informe técnico que avale as cortas no Piñeiral da Madalena

Couce asegurou a medios e veciñanza que o Concello actuaba “por cuestións de seguridade” e seguindo un informe técnico municipal que non existe

O contrato das talas adxudicouse o día da concentración veciñal do pasado mércores, cando máis da meirande parte das árbores xa foran taladas

O BNG reclámalle a Couce que asuma responsabilidades ante unhas prácticas inadmisíbeis e irregulares, e que presente a súa dimisión

Ler novas