06. Anxos García Fonte

06. Anxos García Fonte
06. Anxos García Fonte
06. Anxos García Fonte

A nosa NÚMERO 6 é ANXOS GARCÍA FONTE

Anxos (1964) é veciña da Pena de Irís. É doutora en Filoloxía pola UdC e traballa como catedrática de Lingua Galega e Literatura no IES Breamo en Pontedeume.

Participa de varios colectivos, entre eles o Ateneo Eumés Fernán Martíns, e estivo involucrada en varios proxectos audiovisuais, como dobradora, sendo tamén a impulsora e guionista do premiado filme A Rosa Incandescente, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro. Tamén foi a encargada da sección de Cultura e Sociedade no desaparecido Xornal de Galicia. 

Anxos foi a cabeza de lista do BNG en Cabanas nas eleccións municipais de 1995, e concelleira entre 1995 e 1999. Volveu á candidatura do BNG nas eleccións do 2019, repetindo novamente nestas.

"Vou na candidatura do BNG porque, desde que me afiliei en 1991, teño claro que o BNG é a única forza política cuxo único interese é Galicia e que entende Galicia dunha maneira semellante á que entendo eu: unha nación diferente cunha personalidade cultural única."

#CabanasMereceMáis

06. Anxos García Fonte