Pleno extraordinario para solicitar á Consellaría de Educación a cobertura da praza vacante en educación infantil
O pasado 21 de agosto solicitamos a convocatoria dun pleno extraordinario para exixir que a Consellaría de Educación, do PP na Xunta, revertise a eliminación dunha praza de mestra de educación infantil no CEIP Eladia Mariño, atendendo ás demandas da comunidade educativa.
O pleno foi convocado polo alcalde para o luns 11, o mesmo día que o alumnado de infantil do Eladia Mariño comezou o período de adaptación, agotando o prazo legal e permitindo que o curso iniciase sen todos os postos cubertos.
A proposta saíu aprobada por unanimidade, mais polo medio vimos a unha alcaldía a abrazar e facer seus os argumentos inxustos da Consellería, nun discurso no que deixou claro que pon o PP antes cá Comunidade Educativa, á que lle veu dicir un claro "esta alcaldía pasa de vós".
Desde o BNG seguimos a traballar man a man coa comunidade educativa. Non pararemos até conseguir reverter os recortes!