A ANPA O Castiñeiro participou no encontro do BNG no Parlamento Galego
Unha delegación da ANPA O Castiñeiro do CEIP Eladia Mariño participou, xunto co portavoz municipal do BNG en Cabanas, Iago Varela, nun encontro no Parlamento de Galiza entre as deputadas do BNG e representantes de ANPAs de todo o país, no que o BNG amosou o seu posicionamento ante a situación do sistema educativo neste inicio de curso, tal e como se pode ler na web do BNG.
As representantes da ANPA O Castiñeiro puxeron riba da mesa a denuncia pola amortización dunha praza de infantil por parte da Xunta, pola que o BNG ten rexistradas iniciativas no Parlamento, a través do deputado comarcal, Mon Fernández. Estas iniciativas pódense consultar aquí.