Novos tempos, nova web e novos xeitos de contactar connosco

Novos tempos, nova web e novos xeitos de contactar connosco

Desde o Bloque Nacionalista Galego de Cabanas sempre tivemos unha clara aposta pola presenza na Internet, xa que serve para complementar a nosa labor a pé de rúa coas veciñas e veciños do noso concello, abrindo unha fiestra de comunicación áxil e rápida.

Neste sentido, durante os últimos anos tivemos activo un blogue no que fomos comentando a actualidade do noso concello e a actividade da nosa organización, mais desde hoxe trasladamos toda a nosa actividade web a este novo espazo que inauguramos dentro da web do BNG.

Malia todo, o antigo espazo quedará aberto ao público na rede a xeito de arquivo, aínda que sen actividade, porque entendemos que esa información debe serguir dispoñíbel para as veciñas e veciños de Cabanas.

Novo enderezo de contacto

Parella á nova web, tamén inauguramos unha nova caixa de correo electrónico aberta a que nos enviedes as vosas dúbidas, propostas, denuncias... ou calquera outra cousa que nos queirades facer chegar. Está dispoñíbel en cabanas(at)bng-galiza(dot)org

Redes sociais

Finalmente, como moitas e moitos sabedes, temos perfís en dúas das principais redes sociais, Twitter (@bngcabanas) e Facebook, a través das cales tamén estaremos abertos a comunicarnos convosco.

 

 

 

Quedamos pois á vosa disposición e abertos a propostas para facer deste espazo un punto de encontro para a xente de Cabanas. Benvidas e benvidos.

 

 

 

Novos tempos, nova web e novos xeitos de contactar connosco