25 de novembro: soterremos o Patriarcado
24 nov. 2012 - 13:51
Dentro das actividades arredor da celebración do 25 de novembro, o Bloque Nacionalista Galego celebrou esta mañá en Santiago de Compostela un acto simbólico.
Un cortexo fúnebre trasladou o féretro do Patriarcado desde a compostelaá Praza do Toural até o cemiterio de Bonaval, onde se procedeu a realizar o soterramento.
O acto contou coa participación de Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, e o seu recén eleito novo Secretario Xeral, Alberte Mera.