Éxito da folga xeral na nosa comarca
O pasado 14 de novembro as galegas e galegos amosamos máis unha vez o noso rexeitamento ás abusivas políticas dos gobernos do Partido Popular a todos os níveis: local, nacional e estatal.
A Folga Xeral convocada polos sindicatos e apoiada polo Bloque Nacionalista Galego resultou todo un éxito de participación cidadá. Na nosa comarca o parto atinxiu até o 90% na meirande parte dos sectores produtivos, con especial fincapé no paro total do sector naval, un dos piares fundamentais de Ferrolterra, Eume e Ortegal.
Desde o Bloque Nacionalista Galego valoramos moi positivamente este clamor cidadá e esiximos ao Partido Popular a reformulación de todas as súas políticas lesivas para as maiorías sociais.