O BNG ORGANIZA O SÁBADO 26 UNHA ACCIÓN REIVINDICATIVA ENTRE CABANAS E FENE

Mini Rivas e Iago Varela presentan as iniciativas do BNG por unha AP9 galega e sen peaxes

mini rivas iago varela
Mini Rivas e Iago Varela
Mini Rivas e Iago Varela presentan as iniciativas do BNG por unha AP9 galega e sen peaxes

O Deputado pola provincia da Coruña, Mini Rivas, e o Viceportavoz Comarcal do BNG e voceiro municipal en Cabanas, Iago Varela, presentaron esta mañá en Ferrol as iniciativas do BNG a prol da transferencia da autoestrada AP-9 a noso país.

A demanda da transferencia da AP-9 a Galiza foi un dos eixos que centrou a campaña electoral do BNG nas últimas eleccións ao Parlamento de Galiza, mais tamén unha das reivindicacións históricas do BNG, tanto na rúa como nas diferentes institucións.

No que afecta á nosa comarca, e nomeadamente a Cabanas, a concesionaria da autoestrada ten demostrado un modelo de xestión caduco e un empeoramento sustancial do servizo. Cabanas sufriu a retirada do persoal na peaxe, mais tamén as consecuencias dun dos peaxes máis caros por quilómetro ou os reiterados incumprimentos en relación coa construcción da saída no polígono de Vidreiro, no veciño concello de Pontedeume.

Por estas e outras razóns, desde o BNG vimos de pór en marcha unha ofensiva política e de mobilización social para reclamar unha AP9 galega e sen peaxes.

"A principal acción desta campaña terá lugar o sábado 26 cunha caravana de coches que percorrerán o tramo entre as peaxes de Cabanas e Vilar do Colo e efectuarán o pago en céntimos" sinalou o voceiro municipal do BNG, Iago Varela, quen tamén animou a toda a veciñanza a "sumarse a este acto de protesta cívica para rematar co expolio ao que AUDASA somete ás galegas e galegos".

[MOBILIZACIÓN] Sabado, 26 de novembro ás 11 horas na rotonda de Cabanas (explanada onde se pon o circo). A continuación realizarase unha caravana de coches entre as peaxes de Cabanas e Fene (Vilar do Colo) onde se efectuará o pago en céntimos.

Mini Rivas e Iago Varela presentan as iniciativas do BNG por unha AP9 galega e sen peaxes