Pleno ordinario Xullo 27/07/2017: resumo da sesión e propostas do BNG
O pasado mércores 26 de xullo tivo lugar a sesión ordinaria do pleno municipal correspondente a dito mes. A continuación podedes ver os temas tratados e as propostas do BNG.
1.- Aprobación se procede da acta anterior. Sometéronse a aprobación as actas dos plenos do 29/03/2017 e do 13/07/2017. Aprobáronse ambas por asentimento.
2.- Moción sobre a cidade amiga da infancia (documento). Esta proposta é o punto inicial para solicitar o recoñecemento de Cabanas como "Cidade Amiga da Infancia", unha solicitude coa que o BNG está de acordo. Porén, lembramos ao goberno municipal que este recoñecemento implica que o Concello leve a cabo unha serie de políticas orientadas á infancia e á adolescencia que non se están a facer, polo que rogamos que comezasen a traballar nesa liña >> APROBADA: 11 votos a favor (todos).
3.- Creación de ficheiros de carácter persoal. (documento) Trátase dun trámite para crear, en cumprimento coa Lei de Protección de Datos, ficheiros de carácter persoal >> APROBADA: 11 votos a favor (todos).
4.- Informes de Presidencia (documentos)
a) Resolucións de Alcaldía
b) Informe trimestral PMP
c) Informe trimestral execución orzamento
d) Informe sobre campaña velutina
5.- Rogos e preguntas
Neste pleno realizamos unha pregunta oral.
Pregunta 1: A raíz da pregunta realizada no pleno anterior sobre a limpeza de camiños municipais, e á vista de que nin se limparon e que ademais agora tamén afecta ás entradas de Vilar do Colo na parte de Cabanas, preguntamos por esta situación. A resposta foi que "o tractor desbrozador estivo estropeado", cuestión que, sexa certa ou non, non afecta ao abandono dos últimos meses.
CONCLUSIÓNS DO BNG SOBRE O PLENO
Esta foi unha sesión con moito asunto de trámite. Nas preguntas volvimos ver un alcalde desquiciado, que non é quen de recoñecer a súa inacción de goberno e bota balóns fóra, a pesar de que os datos sobre a mesa sexan claros.