Representantes do BNG da comarca de Ferrolterra reúnense coa dirección do SEPRONA

María Muíño, Mon Fernández e Iago Varela
María Muíño, Mon Fernández e Iago Varela

A reunión solicitada polo BNG tratou sobre a protección das Fragas do Eume e do río Xuvia, así como a denuncia presentada por un particular contra a empresa SOGARISA, das Somozas

Representantes do BNG da comarca de Ferrolterra reúnense coa dirección do SEPRONA

A concelleira de San Sadurniño María Muíño, o tenente de alcalde de Cabanas Iago Varela, e o deputado no Parlamento galego Mon Fernández acudiron á Comandancia da Garda Civil na Coruña para reunirse coa dirección provincial do SEPRONA.

Na reunión, celebrada esta semana, a representación do BNG interesouse pola actividade do SEPRONA en relación coa protección de espazos protexidos de grande valor ambiental na nosa comarca como son o Parque natural Fragas do Eume ou o LIC Xuvia-Castro, e nomeadamente polos procedimentos e medios que teñen a súa disposición para realizar a investigación das últimas agresións que estes espazos sufriron nos últimos tempos.

Tamén trataron sobre a denuncia presentada por un particular das Somozas contra a empresa SOGARISA por provocar a contaminación de varias parcelas próximas as súas instalacións, empregadas para forraxe do gando, e que ven sendo obxecto de denuncias dun xeito reiterado sen que a empresa modifique as operacións que provocan esta contaminación.

Sobre este último asunto a dirección do SEPRONA informou que está xudicializado (xulgado no 3 de Ferrol), e pendente do pronunciamento da fiscalía.

Representantes do BNG da comarca de Ferrolterra reúnense coa dirección do SEPRONA