O PP usa o Concello de Cabanas con fins electoralistas
O Concello de Cabanas comezou a repartir esta mañá entre as veciñas da localidade un 'Informe de Xestión' da última lexislatura, no que se loa a xestión do goberno local, encabezado polo popular Germán Castrillón, nos últimos catro anos.
Non é a primeira vez que o Partido Popular de Cabanas disfraza de "institucionais" publicacións que teñen un claro fin electoralista, sufragándoas con cartos de toda a veciñanza.
Desde o BNG queremos denunciar o despilfarro e a falta de ética destas práticas que está a levar a cabo o PP de Cabanas e cuxo único fin é tratar de lavar a imaxe de Germán Castrillón tras a apertura de xuízo oral contra el polo caso do Edifcio O Penso.
O BNG traballará para implantar un modelo de xestión no concello baseado na transparencia, onde toda a información estará dispoñíbel ás veciñas e veciños en todo momento.