Libres, diversas e orgullosas
O 28 de xuño é unha xornada de loita e reivindicación - Día do Orgullo LGBTI - que desde o BNG de Cabanas queremos animar a celebrar. Unha xornada de loita que debe servir para lembrarnos que o traballo de cara a conseguirmos a plena normalización social e o respeto á liberdade e diversidade sexual das persoas debe continuar.
Reinvindicamos a implicación das institucións e dos poderes públicos para establecermos políticas de sensibilización, condena de actos discriminatorios, educación afectivo - sexual e respeto á liberdade individual da escolla sexual.
Son moitas as barreiras no camiño de conseguirmos que a sexualidade sexa, por riba de todo, libre e gozosa. Mais urxe derribalas, e no BNG comprometémonos a loitar, desde o concello, por erguer unha sociedade libre, diversa e tolerante.