GALEGAS 2016

Iago Varela e Mini Rivas piden o voto ao BNG para "desterrar as políticas involutivas do PP"

iago varela - cabanas - galegas 2016
iago varela - cabanas - galegas 2016
Iago Varela e Mini Rivas piden o voto ao BNG para "desterrar as políticas involutivas do PP"

Onte, ao carón da Feira do 21, celebramos o acto central de campaña do BNG en Cabanas, de cara ás próximas eleccións ao Parlamento Galego. Nel falaron o voceiro municipal do BNG en Cabanas e tamén candidato nº 13 pola Coruña, Iago Varela, e o candidato nº 2, Xosé Luis Rivas (Mini).

Iago Varela centrou a súa intervención na mocidade, obrigada a emigrar polas politicas de Alberto Núñez Feijoo á fronte do goberno da Xunta de Galiza, e a proposta do BNG de contar cun Plan Retorna. Este plan, un dos eixos do programa electoral do BNG, consta dunha serie de medidas específicas orientadas a recuperar a mocidade emigrada con axudas para o emprendemento e un maior investimento en I+D+i para pór o país a producir.

Mini Rivas

Pola súa banda, Mini explicou que é fundamental apostar por uns servizos 100% públicos que garantan que todo o mundo teña acceso a un ensino, a unha sanidade e aun servizos sociais gratuítos e de calidade.

 

Iago Varela e Mini Rivas piden o voto ao BNG para "desterrar as políticas involutivas do PP"