Iago Varela: Un bo resultado do BNG é a única garantía para desterrar as políticas caciquís de Cast
O BNG Asembleas Abertas celebrou onte en Laraxe o segundo mitin de campaña, un acto no que Xosé Manuel Golpe (nº 3 da candidatura e veciño de Laraxe) e Iago Varela, candidato á Alcaldía, fixeron unha completa análise da situación do concello e deron conta das propostas do BNG para crear un novo modelo de concello.
Golpe analizou polo miúdo a xestión de Germán Castrillón á fronte do goberno local e as promesas electorais coas que o actual alcalde se presenta a estas eleccións. Son as mesmas ca no 2011, todas elas incumpridas, lembrou. O candidato amosouse moi molesto e cabreado por ver como desde o Partido Popular pretenden enganar á veciñanza con proxectos que de ningunha maneira vai poder afrontar o concello.
Pola súa banda, o candidato á Alcaldía, Iago Varela, repasou as principais liñas do programa electoral do BNG Asembleas Abertas, facendo especial fincapé no apartado social e nas políticas de creación de emprego, posto que só nos últimos 5 anos quintuplicouse o número de persoas sen traballo no concello.
Varela tamén criticou as actitudes caciquís dun alcalde que considera que o concello é del e non da veciñanza e fixo un chamamento a votar masivamente ao BNG para acabar cos amiguismos de Castrillón e facer de Cabanas un concello do pobo e para o pobo.