O BNG de Cabanas apoiará ao candidato socialista na sesión de investidura

O BNG de Cabanas apoiará ao candidato socialista na sesión de investidura

 

concellos amigosTras as eleccións municipais do pasado mes de maio, nas que a candidatura do BNG - Asembleas Abertas de Cabanas resultou terceira forza e obtivo un concelleiro, abriuse a posibilidade dun cambio de rumbo no Concello tras perder o PP a maioría absoluta.

 

 

Desde o primeiro momento o BNG amosouse partidario de apoiar un cambio, entendendo que correspondía ao PSOE formar goberno en minoría, por ser a alternativa con maior representación. Este posicionamento trasladouse ás forzas políticas necesarias para construír esa alternativa nas dúas xuntanzas que se mantiveron.

 

 

Logo de coñecer a vontade de AEC de non apoiar ese cambio, o BNG reitera o seu compromiso por unha alternativa, polo que manterá o seu apoio aos socialistas na sesión de investidura.

 

 

Ademais, o BNG quere denunciar o clientelismo da Agrupación de Electores de Cabanas co Partido Popular, que coa súa negativa a apoiar un cambio convértense en cómplices da desfeita que supón seguir con Germán Castrillón á fronte do Concello. Segundo o concelleiro electo do BNG, Iago Varela, "unha forza política non pode presentarse a unhas eleccións sen ter claro que Concello quere" e advirten que "non pasarán unha".

 

O BNG de Cabanas apoiará ao candidato socialista na sesión de investidura