O BNG recupera representación no Concello de Cabanas
Tras a xornada electoral de onte, o BNG Asembleas Abertas volve ter voz no Concello de Cabanas cun concelleiro, Iago Varela, grazas aos 209 veciñas e veciños que apostaron pola nosa candidatura.
Ademais, o BNG pasa de non ter representación a situarse como terceira forza política local, por diante da Agrupación de Electores de Cabanas e Somos Cabanas, que perderon un concelleiro cada unha. Pola súa banda, o Partido Popular perdeu a maioría absoluta, o que abre un novo escenario político en Cabanas.
Desde o BNG Asembleas Abertas queremos ter unha mostra de agradecemento para todas aquelas persoas que confiastes no noso proxecto e equipo, así como tamén adiantarvos que traballaremos arreo para conseguir facermos de Cabanas un lugar mellor para vivir desde o lugar que nos corresponda.