Cabanas regulará o uso dos locais municipais a iniciativa do BNG

Cabanas regulará o uso dos locais municipais a iniciativa do BNG

 

pleno outubro 2015O pleno municipal de Cabanas aprobou, co voto favorable de toda a oposición, unha moción do BNG que insta ao Goberno municipal a elaborar no prazo dun mes un regulamento de uso e cesión dos locais municipais á veciñanza e ás entidades sociais que o soliciten.

 

 

O regulamento deberá recoller os requisitos das persoas ou entidades solicitantes, así como criterios obxectivos para a aprobación ou denegación dos permisos. Ademáis, trasladará aos servizos administrativos do Concello a concesión, xa que na actualidade depende unicamente da decisión da Alcaldía.

 

 

 

 

O pleno aproba elaborar un regulamento que permita a cesión e uso dos locais municipais por calquera veciño, malia o voto en contra do PP

 

 

 

 

Desde o BNG sinalan que esta moción está motivada polos “reiterados vetos políticos da Alcaldía a veciños, asociacións e organizacións fóra da órbita do PP”, que se traducen na negativa da cesión dos locais municipais para a realización de asembleas ou actividades.

 

 

O concelleiro nacionalista, Iago Varela, engadiu que “un sistema democrático non pode ser considerado como tal cando desde o poder executivo se toman medidas destinadas a dificultar o libre exercicio do dereito de reunión e o labor de oposición”, ao tempo que agradeceu o apoio recibido dos demais grupos da oposición nesta cuestión.

 

Cabanas regulará o uso dos locais municipais a iniciativa do BNG