O BNG de Cabanas solicita a retirada da bandeira da UE na Casa do Concello

O BNG de Cabanas solicita a retirada da bandeira da UE na Casa do Concello

 

retirada bandeira ue

 

 

O BNG de Cabanas vén de solicitar ao Goberno Municipal a retirada da bandeira da Unión Europea da Casa do Concello, en sinal de repulsa á barbarie humanitaria que está a amparar este organismo internacional.

 

 

No BNG consideramos que a actitude que está a manter a Unión Europea na crise das persoas refuxiadas só pode ser definida como escandalosa e totalmente inhumana.

 

 

Nas últimas datas observamos como se lle entrega unha cuantiosa cantidade económica dos impostos dos pobos integrados na Unión Europea para mercar ao Estado turco, facendo que este peche as súas fronteiras, prohibindo o desprazamento de centos de milleiros de persoas que marchan dunha guerra que foi alentada polo denominado mundo occidental.

 

 

Concentración reivindicativa

 

 

Desde o BNG de Cabanas animamos tamén a participar de forma activa na concentración convocada para o vindeiro mércores 16 de marzo ás 20h diante do Edificio da Xunta de Galiza, en Ferrol, co obxectivo de demandar que o Goberno do Estado amose o rexeitamento do principio de acordo con Turquía no Consello Europeo a celebrar o 17 de marzo.

 

O BNG de Cabanas solicita a retirada da bandeira da UE na Casa do Concello