O BNG de Cabanas organiza unha nova andaina á Cova dos Guerrilleiros

guerrilleiros_2018
2ª andaina á Cova dos Guerrilleiros

Tras o éxito da primeira edición, o BNG repite a visita aos refuxios da guerrilla antifranquista nas Fragas do Eume

O BNG de Cabanas organiza unha nova andaina á Cova dos Guerrilleiros

O BNG de Cabanas organiza unha nova andaina á Cova dos Guerrilleiros, un roteiro no que as persoas participantes poderán visitar algúns dos refuxios empregados pola guerrilla antifranquista nas Fragas do Eume. Trátase da segunda edición, tras o éxito colleitado nunha primeira visita organizada celebrada hai un ano.

A actividade terá lugar o sábado 30 de xuño, con saída ás 9 horas, e terá unha duración aproximada de 3 horas. O punto de partida é o aparcadoiro fronte ao bar Casa Feal (en Lavandeira), mais é preciso formalizar a inscrición a través da web cabanas.bng.gal ou no WhatsApp 668 696 933.

“O obxectivo desta actividade é facer un recoñecemento ás persoas que continuaron co facho da democracia usurpada tras o golpe de estado do fascismo franquista”, sinalou o portavoz municipal do BNG en Cabanas, Iago Varela, quen lembrou tamén que “a loita antifranquista foi especialmente activa na zona do Eume, contando cun respaldo maioritario entre a poboación”. 

[Inscricións]: Para inscribirse é preciso cubrir este formulario.

O BNG de Cabanas organiza unha nova andaina á Cova dos Guerrilleiros