O BNG TAMÉN CONCLÚE ESTA SEMANA AS ASEMBLEAS VECIÑAS POLOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS 2017
O BNG de Cabanas estrea un sistema de alertas e fotodenuncias por WhatsApp
A veciñanza de Cabanas pode recibir información municipal, facer consultas ou enviar fotodenuncias a través da popular aplicación de mensaxería.
O BNG de Cabanas vén de habilitar un número de teléfono para que a veciñanza do concello poida, a través da aplicación de mensaxería WhatsApp, facer consultas, enviar suxestións e “fotodenuncias”, ademais de recibir información municipal de maneira gratuíta, directa e confidencial.
“O noso obxectivo é facilitar á veciñanza o envío das súas propostas a través dunha canle áxil, moderna, cómoda e rápida”, sinalou Iago Varela, voceiro municipal do BNG en Cabanas. “Cando nos presentamos ás eleccións municipais fixémolo co compromiso claro de abrir o Concello ás veciñas e veciños, facelas partícipes da vida municipal. Este paso vai nesa liña”, concluíu Varela.
Para darse de alta neste servizo, as usuarias deben agregar o teléfono 668 696 933 nas súas axendas e enviar a través de WhatsApp a palabra ALTA. Poden tamén empregar este número para enviar mensaxes e fotografías en calquera momento.
Última asemblea veciñal polos Orzamentos 2017
Despois das asembleas celebradas en Lavandeira e Laraxe, o BNG de Cabanas conclúe este domingo 20 de novembro (12h, Cafetería Yellow [Paseo Marítimo da Madalena]) a súa rolda de consultas veciñais para recoller propostas para os Orzamentos municipais de 2017.