Os candidatos do BNG de Cabanas e Fene visitan o Punto limpo de Carballo

Os candidatos do BNG de Cabanas e Fene visitan o Punto limpo de Carballo

iago varela - juventino trigo punto limpo

 

Os alcaldables nacionalistas de Cabanas, Iago Varela, e de Fene, Juventino Trigo, coñeceron esta tarde o funcionamento do punto limpo do Concello de Carballo, que consideran un modelo a seguir para a posta en marcha do de Vilar do Colo. Foron recibidos polo alcalde da localidade, o tamén nacionalista Evencio Ferrero, e o concelleiro de medio ambiente Luis Lamas.

 

 

Os candidatos de Cabanas e Fene coñeceron de primeira man como foi a posta en marcha do punto limpo e o seu funcionamento ordinario. Iago Varela destacou o valor medioambiental deste servizo de tratamento de residuos, mentres que Juventino Trigo lamentou a inoperancia do alcalde de Fene "que ten paralizado o punto limpo por non querer xestionalo como é debido".

 

 

Os de Carballo teñen o servizo atendido por un centro especial de emprego para persoas con discapacidade, isto é, que contrata o mantemento diario a persoas con algunha discapacidade, un modelo que choca de xeito frontal coa proposta privatizadora e favorecedora do enchufismo que o PP quere para o centro de Vilar do Colo.