A ACTIVIDADE TERÁ LUGAR O MÉRCORES 17 DE MAIO E PRECISA DE INSCRICIÓN PREVIA

O BNG de Cabanas organiza unha andaina á Cova dos Guerrilleiros

Cova dos Guerrilleiros
Cova dos Guerrilleiros

As participantes visitarán algúns dos refuxios da guerrilla antifranquista nas Fragas do Eume
 

O BNG de Cabanas organiza unha andaina á Cova dos Guerrilleiros

O BNG de Cabanas organiza unha andaina á Cova dos Guerrilleiros, un roteiro no que as persoas participantes poderán visitar algúns dos refuxios empregados pola guerrilla antifranquista nas Fragas do Eume.

A actividade terá lugar o mércores 17 de maio a partir das 10h, e terá unha duración aproximada de 3 horas. O punto de partida é o bar Casa Feal (en Lavandeira), mais é preciso formalizar a inscrición a través deste formulario online, no WhatsApp 668 696 933 ou no email cabanas@bng.gal

Con esta actividade o BNG quere facer recoñecemento ás persoas que continuaron co facho da democracia usurpada tras o golpe de estado do fascismo franquista, nunha zona, a do Eume, onde a loita antifranquista foi especialmente activa e contou cun respaldo maioritario entre a poboación.