Novas
O BNG logra o apoio unánime do pleno de Cabanas para mellorar a situación da residencia de maiores de Laraxe
30/maio/2025
A proposta do BNG insta á Xunta de Galiza a inspeccionar o centro, auditar o servizo, acometer reformas e intervir no conflito laboral das traballadoras
O portavoz municipal, Iago Varela, e o deputado cabanés Xosé Manuel Golpe mantiveron contactos coas traballadoras e familiares, e trasladaron tamén a iniciativa ao Parlamento de Galiza