PROGRAMA
Ideas Claras: Muller e Igualdade
As nosas propostas programáticas no ámbito da igualdade e a política de muller.
15 maio 2019 - 19:04
As áreas de muller e igualdade son das que máis recortes teñen sufrido coa desculpa da crise económica. Para o BNG a igualdade é non só unha política máis do concello, é un principio reitor do noso comportamento, e connosco estas políticas fuxirán do ritualismo e terán a importancia que merecen.
As nosas propostas neste eido son:
- Integrar a perspectiva de xénero nas políticas municipais, en todos os programas, actuacións, documentos... tanto do propio Concello como das asociacións e empresas que traballen co Concello.
- Potenciar as medidas de conciliación familiar: programa de almorzos, posta en marcha dunha ludoteca municipal.
- Potenciar as actividades formativas especificamente dirixidas ás mulleres: Cursos de formación, cursos de integración para mulleres inmigrantes, etc.
- Poñer en marcha bancos de tempo.
- Impulsar o cumprimento do Plano de Igualdade no Concello.
- Incorporar cláusulas sociais na contratación pública, coa finalidade de favorecer a selección de empresas que destaquen por desenvolver unha política en prol da igualdade.
- Elaborar campañas de sensibilización en materia de igualdade en colaboración cos centros de ensino e de saúde para previr a violencia de xénero.
- Elaborar un plano específico para a inserción laboral feminina. -Impulsar un Consello Municipal das Mulleres.
- Impulsar un Centro de Información da Muller (CIM).
- Rexeitar a discriminación por calquera condición: raza, etnia, sexo, orientación sexual, identidade de xénero, capacidade...