Cumplimos: publicada a documentación do PXOM

44769098_2216949118377479_4414703038522982400_n
PXOM Cabanas
Cumplimos: publicada a documentación do PXOM

O BNG foi moi crítico con todo o proceso de elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Cabanas, un plan que naceu con defectos de raíz. Se ben é certo que o proxecto inicial foi mellorando coas alegacións veciñais, o documento aprobado adoece de erros fundacionais e de modelo, que institucionaliza un modelo de desenvolvemento urbano focado cara a fóra e non cara a veciñanza.

No relativo á transparencia, a nosa postura foi sempre a de facilitar o acceso da veciñanza a toda a documentación, incluíndo unha segunda exposición pública e tamén a posta a disposición do expediente na web para que calquera persoa poida ter acceso para ver como evolucionou.

Agora que o BNG ten responsabilidades de goberno, nomeadamente na área de Urbanismo, vimos de facer público o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Cabanas, tanto a versión aprobada provisionalmente en 2018 como o documento aprobado inicialmente en 2014. Toda esta información está dispoñíbel na web do Concello nesta ligazón.

A aprobación do plan xa non está nas nosas mans. Nestes momentos, e tras a aprobación provisional polo pleno na lexislatura anterior, a Xunta ten que posicionarse para aprobar o plan de maneira definitiva ou pedir modificacións ao mesmo. Nese segundo caso, o BNG traballará sobre eses resquicios que deixe a Xunta para introducir todas as melloras que se poidan para poder proceder á aprobación definitiva do plan e sentar as bases para un novo modelo urbanístico no noso concello.

Cumplimos: publicada a documentación do PXOM