Constitúese a Asemblea Local de Galiza Nova Cabanas
Nunha asemblea aberta o pasado mércores, na que participou Carmela Franco como membro da Dirección Nacional de Galiza Nova, constituíuse a localidade de Galiza Nova en Cabanas. Laura Ponce, de vintecatro anos, veciña da localidade e actualmente opositora ao corpo de mestras de ensino primario, foi escollida como responsábel local. Fíxoo acompañada dos tamén membros da formación e veciños de Cabanas, Marcos Filgueiras, Guillerme Otero e Noa Golpe.
Laura Ponce, a responsábel local, incidiu en que “hai que deixarlles unha boa vila ás xeracións posteriores, máis iso comeza traballando dende a miña, por iso estou aquí.” A
localidade da organización nacional nace da necesidade, en palabras da actual responsábel, “darlle voz á mocidade de Cabanas, que sempre quedou nun segundo plano e que, por consecuencia se viu obrigada a marchar do Concello para o educativo, o social, o ocio e o laboral".
"Cremos que Cabanas ten moitas vantaxes e moitas cousas que, ben aproveitadas, poden cubrir as necesidades da rapazada e facer que non precisemos marchar do noso
concello", concluíu Ponce.