MEMORIA HISTÓRICA
O BNG de Cabanas organiza unha andaina á Cova dos Guerrilleiros
Organizamos unha andaina aos refuxios da guerrilla antifranquista nas Fragas do Eume.
A actividade terá lugar o mércores 17 de maio e precisa de inscrición previa
O BNG de Cabanas organiza unha andaina á Cova dos Guerrilleiros, un roteiro no que as persoas participantes poderán visitar algúns dos refuxios empregados pola guerrilla antifranquista nas Fragas do Eume.
A actividade terá lugar o mércores 17 de maio a partir das 10h, e terá unha duración aproximada de 3 horas. O punto de partida é o bar Casa Feal (en Lavandeira), mais é preciso formalizar a inscrición a través deste formulario online, no WhatsApp 668 696 933 ou no email [email protected]
Con esta actividade o BNG quere facer recoñecemento ás persoas que continuaron co facho da democracia usurpada tras o golpe de estado do fascismo franquista, nunha zona, a do Eume, onde a loita antifranquista foi especialmente activa e contou cun respaldo maioritario entre a poboación.