O BNG SUBE EN CABANAS 238 VOTOS DESDE AS GALEGAS DE 2016

432 GRAZAS!

GRAZAS

O BNG conseguiu nas Eleccións Galegas celebradas onte 432 votos en Cabanas, o que supón igualar o máximo histórico da nosa organización e un incremento de 238 votos desde as anteriores Galegas, celebradas no 2016. Cun 27,05% dos votos emitidos na nosa localidade, o BNG foi a segunda forza máis votada en Cabanas.

En termos galegos, o BNG superou os 300.000 votos e pasou de 6 a 19 deputadas e deputados no Parlamento de Galiza, o noso máximo histórico. Por provincias, obtivéronse 7 deputadas pola Coruña, 6 por Pontevedra, 3 por Lugo e 3 por Ourense. O BNG situouse ademais como segunda forza política no Parlamento e primeira da oposición.

Malia que non foi posíbel acabar coa maioría absoluta do Partido Popular e termos a Ana Pontón de Presidenta, o resultado tamén deixa a esperanza, porque quedou demostrado que hai unha alternativa sólida ao PP, e é o noso compromiso traballar desde hoxe para conseguir que esa alternativa sexa unha realidade dentro de catro anos.