O BNG, contra as reválidas e a LOMCE

O BNG, contra as reválidas e a LOMCE

 

revalidasDesde o BNG queremos amosar o noso rexeitamente á LOMCE, por ser unha norma regresiva que favorece o ensino privado, atenta contra a igualdade, aposta pola relixión e españoliza o contido das materias, ao tempo que invade competencias propias e supón unha perda de soberanía para Galiza.

 

 

A iso engádese a recuperación das reválidas do franquismo, con probas xerais en terceiro e sexto de primaria, ás que o Goberno do PP quere sumar en cuarto da ESO e en Bacharelato. Estes exames discriminatorios impiden garantir a igualdade de oportunidades e de acceso ao ensino público e de calidade.

 

 

Isto é unha mostra máis da recentralización do sistema educativo, que reduce a aprendizaxe da historia e do medio natural de Galiza, con afán de diminuír a nosa autoestima como pobo. Cómpre divulgar os coñeceemntos da identidade do noso país, contra a visión allea que ofrece a LOMCE sobre nós.

 

 

As reválidas cuestionan o labor do profesorado que ofrece un trato personalizado para aprender na diversidade. A avaliación debe ser integral e ter unah función formativa, destinada á axuda da aprendizaxe e á adquisición de coñecementos, destrezas e habilidades do alumnado.

 

 

Unha carreira de obstáculos e de superación de probas ao remate de cada etapa é antipedagóxica, sancionadora e excluínte. Estas reválidas son elitistas, competitivas e segregadoras. Son contrarias á equidade, á cohesión é á xustiza social.

 

 

O sistema educativo que impón o Goberno español é un desprezo máis á comunidade educativa galega que, ademais de ter salarios inferiores, está a peder competencias propias no ámbito do ensino.

 

 

O BNG, como integrantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, exixe a derrogación da LOMCE e das reválidas. Ademais, convidamos a nais e pais a non enviar ás fillas e fillos ás probas de Primaria e anexamos o modelo de escrito que deberán dirixir á dirección de cada centro de ensino.

 

O BNG, contra as reválidas e a LOMCE