A ACTIVIDADE TERÁ LUGAR O DOMINGO 5 DE MAIO ÁS 11H

O BNG organiza unha acción de limpeza ambiental no entorno da Madalena

20190210_182400
Praia da Madalena

 Para participar é preciso anotarse no WhatsApp 668 696 933 ou no correo [email protected]

O BNG organiza unha acción de limpeza ambiental no entorno da Madalena

O BNG de Cabanas organiza este domingo 5 de maio, en horario de mañá, unha xornada de limpeza ambiental no entorno da praia da Madalena. A actividade terá lugar a partir das 11h da mañá, e nela poderá participar toda a veciñanza que o desexe, previa inscrición.

Nos últimos anos a costa de Cabanas sufriu as consecuencias do goberno de PP – AEC, que executou varias talas masivas e sen criterio no Piñeiral da Madalena, adiou as accións para pór freo á erosión da costa – especialmente graves en Chamoso – e non levou a cabo uns mínimos coidados de limpeza nos areais.

“O obxectivo desta actividade é concienciar da importancia de coidar o noso entorno e poñelo en valor”, sinalou Iago Varela, candidato á alcaldía de Cabanas polo BNG, quen animou á veciñanza a participar activamente nesta xornada reivindicativa.

Para formar parte desta actividade é preciso apuntarse, ben a través do WhatsApp do BNG, no 668 696 933, ou ben a través do correo electrónico [email protected], indicando os datos persoais das persoas interesadas en participar. A organización farase cargo do material necesario (bolsas e luvas) para levar a cabo a actividade.
 

O BNG organiza unha acción de limpeza ambiental no entorno da Madalena