O BNG inicia campaña en Cabanas pedindo unha mobilización masiva para facer posíbel o cambio galego

cabanas galegas 2020
Pegada de cartaces Galegas 2020
O BNG inicia campaña en Cabanas pedindo unha mobilización masiva para facer posíbel o cambio galego

O BNG de Cabanas iniciou onte a campaña coa tradicional pegada de carteis, un acto no que estiveron presentes militantes e simpatizantes e no que se fixo unha chamada para que todas esas persoas que queren un cambio real axuden a facelo posíbel cunha mobilización masiva da man do BNG para facer historia e logrando que por primeira vez teñamos unha muller presidente, Ana Pontón, liderando un goberno que permita construír unha nova Galiza.

Tal e como apuntou Ana Pontón no acto de inicio de campaña en Compostela, "un goberno liderado polo BNG na Xunta vai demostrar que é posible acabar co espolio enerxético, que é posible poñer fin a estafa das peaxes, que é posible poñer o país a producir, que é posible aproveitar os nosos recursos para xerar riqueza e emprego, vai demostrar que é posible traer a mocidade emigrada, que é posible ter servizos públicos fortes e libres de recortes, que é posible mellora a vida das persoas".

No seguinte enlace pódense consultar as candidaturas do BNG para estas eleccións, así como tamén a información relativa ao programa electoral https://unhanovagaliza.bng.gal/

O BNG inicia campaña en Cabanas pedindo unha mobilización masiva para facer posíbel o cambio galego