Grupo Municipal

Iago Varela Martínez

Concelleiro - Portavoz Municipal do BNG en Cabanas.

Cabanas, 1986. Cursou estudos de Enxeñaría de Telecomunicacións na Universidade de Vigo, e a súa experiencia laboral está vencellada ao mundo da comunicación sobre novas tecnoloxías. Dirixe o medio tecnolóxico especializado Mallando no Android e colabora con diversos medios sobre estas mesmas temáticas.

A nivel orgánico, actualmente é Vicerresponsábel Comarcal, membro da Executiva Comarcal e do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego.