Pleno extraordinario (13/07/2017): resumo da sesión e propostas do BNG

Casa do Concello de Cabanas
Casa do Concello de Cabanas
Pleno extraordinario (13/07/2017): resumo da sesión e propostas do BNG

O 13 de xullo celebrouse unha sesión extraordinaria do pleno municipal, cun único punto. A continuación podes ver o resultado das votacións e as propostas do BNG

1.- Ratificación urxencia da sesión >> APROBADA: 6 votos a favor (PP / AEC), 4 abstencións (BNG / PSOE), 1 voto en contra (SOMOS).

2.- Adxudicación licitación obra “Execución sentenza recurso contencioso administrativo 02/0004055/1993 do Edificio O Penso 2º fase. Desde o BNG amosamos o noso rexeitamento á actitude do goberno municipal durante as 3 lexislaturas que leva gobernando. O PP sempre estivo de costas ás veciñas afectadas, sen proporcionarlles aloxamento e comezando as obras con persoas en risco dentro do edificio, sen ser realoxadas. Tamén trouxeron varias propostas a pleno ilegais, que no seu día non foron adiante grazas á responsabilidade da oposición, que as bloqueou.

Consideramos que nada mudou nesta segunda fase, na que o PP volve facer as cousas igual de mal que na primeira, sometendo a debate unha licitación de obra sen que haxa un acordo con todas e cada unha das propietarias do edificio afectado nin saber como van quedar os pisos.

O noso voto neste punto foi o dunha abstención polo imperativo legal de ter que dar cumprimento a unha sentenza xudicial, aínda que contrario no político >> APROBADO: 9 votos a favor (PP / PSOE / AEC), 1 abstención (BNG), 1 contra (SOMOS)

Pleno extraordinario (13/07/2017): resumo da sesión e propostas do BNG