Imprimir

O BNG de Cabanas organiza unha andaina á Cova dos Guerrilleiros nas Fragas do Eume

bngcabanas | 12 de maio de 2017

Cova dos Guerrilleiros
Cova dos Guerrilleiros

Organizamos unha andaina aos refuxios da guerrilla antifranquista nas Fragas do Eume. 
A actividade terá lugar o mércores 17 de maio e precisa de inscrición previa

O BNG de Cabanas organiza unha andaina á Cova dos Guerrilleiros, un roteiro no que as persoas participantes poderán visitar algúns dos refuxios empregados pola guerrilla antifranquista nas Fragas do Eume.

A actividade terá lugar o mércores 17 de maio a partir das 10h, e terá unha duración aproximada de 3 horas. O punto de partida é o bar Casa Feal (en Lavandeira), mais é preciso formalizar a inscrición a través deste formulario online, no WhatsApp 668 696 933 ou no email cabanas@bng.gal

Con esta actividade o BNG quere facer recoñecemento ás persoas que continuaron co facho da democracia usurpada tras o golpe de estado do fascismo franquista, nunha zona, a do Eume, onde a loita antifranquista foi especialmente activa e contou cun respaldo maioritario entre a poboación. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-cabanas-organiza-andaina%C2%A0cova-guerrilleiros/20170512111537001134.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego de Cabanas

Bloque Nacionalista Galego

Rúa do Concello nº3
15622 Cabanas (A Coruña, Galiza)
Correo: cabanas@bng.gal